Proteínas en Transformación Webinar: “Das Tendencias Globais á Innovación Tecnolóxica”

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o webinar titulado “Proteínas en Transformación: Das Tendencias Globais á Innovación Tecnolóxica”, impartido por Nàdia Ortega Olivé, que terá lugar o 21 de abril ás 10.30 horas a través de Microsoft Teams.

O obxectivo do evento online é dar a coñecer as tendencias actuais das diferentes fontes de proteínas, as súas tecnoloxías e aplicacións no sector alimentario.

Este encontro organízase no marco do proxecto Hub4Food (Atlantic Food Innovation Hub), coordinado por Clusaga. Constitúe o segundo webinar dunha lista de varios ofertados por Clusaga a través do servizo “Novas tecnoloxías e tendencias no procesado de alimentos” pertencente ao catálogo de servizos de apoio á innovación de Hub4Food.

Hub4Food está cofinanciado por Interreg Interreg Atlantic Area

Event Schedule Details

  • 21 Abril 2026
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp