Proxectos de aforro e eficiencia enerxética

Obxecto da axuda

Financiar proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas.

Organismo convocante

Convocado polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

Beneficiarios

  • As empresas legalmente constituídas e autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
  • As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalaciones consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

Actividades elixibles

  • Liña PAPEME – Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes: Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguales ou superiores a 0,2 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible.
  • Liña PAGE – Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas: Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguales ou superiores a 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elexible.
  • Liña PAE – Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en, polo menos, un 30 %: Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguales ou superiores a 0,1 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible e que, ademais, reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI.
  • Liña PAP – Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas: Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguales ou superiores a 0,2 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible.

Gastos elixibles

Considéranse custos subvencionables a elaboración dos proxectos técnicos, dirección facultativa e obra civil relacionados coas actuacións, o prezo dos equipos, a súa montaxe e posta en marcha, así como os sistemas de monitorización, contabilización e telexestión e as auditorías.

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo: Subvención. Réxime de minimis.

A intensidade da axuda en función do regulamento de aplicación será a indicada nos seguintes subapartados:

a) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 de minimis (empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura):

1º. A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

b) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías), destinadas a medidas de eficiencia enerxética en edificios.

A contía da subvención será do 20 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % en caso de medianas empresas.

c) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías), destinadas a medidas de eficiencia enerxética distintas das dos edificios.

A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

  1. Establécese unha axuda máxima por expediente de 300.000€, no caso de acollerse ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 de minimis e de 1.000.000€ no caso de acollerse ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías).
  2. A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 2.000.000,00€.

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega ata o 15 de setembro de 2025, ás 23.59 horas.

Event Schedule Details

  • 15 Setembro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp