Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en empresas galegas (IN417Y)

Obxecto da axuda

  • Concesión de subvencións para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética en empresas galegas, cofinanciadas con cargo ao programa operativo Galicia Feder 2021-2027 cunha taxa de cofinanciamento do 60 %.
  • A convocatoria ten por obxecto apoiar proxectos que fomenten o aforro enerxético, a eficiencia enerxética e a adopción de tecnoloxías enerxéticas máis eficientes e sustentables dentro do tecido empresarial.

Organismo convocante

INEGA – Instituto Enerxético de Galicia.

Beneficiarios

  • Empresas legalmente constituídas e persoas autónomas con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, excluíndose actividades específicas (acuicultura e pesca, agricultura primaria, industrias extractivas enerxéticas, refinado e xeración/transporte/distribución de enerxía, actividades financeiras e de seguros, tabaco).
  • Empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía, sempre que o obxecto do contrato sexa a consecución de aforro enerxético e que ditas instalacións estean situadas en Galicia.

Actividades elixibles

  • Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes: xustificar ratios de aforro enerxético ≥ 0,18 kWh/€ de investimento subvencionable.
  • Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas: xustificar ratios ≥ 0,25 kWh/€ de investimento subvencionable.
  • Proxectos en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI ≥ 30 %: xustificar aforro ≥ 0,10 kWh/€ de investimento subvencionable e unha redución ≥ 30 % de GEI.
  • Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas: xustificar ratios ≥ 0,18 kWh/€ de investimento subvencionable.
  • Os investimentos deberán contar cunha auditoría enerxética (ou, no caso de edificios, cun certificado de eficiencia enerxética), cuxos resultados se incorporarán á memoria técnica da solicitude.

Gastos elixibles

  • Custos totais do investimento en aforro e eficiencia enerxética en proxectos acollidos ao Regulamento (UE) 2023/2831, de mínimis (empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura).
  • No caso de investimentos destinados á eficiencia enerxética en edificios: custos totais do investimento cando induzan, como mínimo, unha mellora da eficiencia enerxética do 20 % en enerxía primaria respecto da situación anterior.
  • Serán subvencionables as medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociadas ás actuacións de aforro enerxético e á realización de auditorías enerxéticas detalladas.
  • Os custos non directamente vinculados á consecución dun maior nivel de eficiencia enerxética non serán subvencionables.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

  • Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) 2023/2831 (mínimis): subvención do 35 % do custo subvencionable da actuación, incrementable nun 20 % en pequenas empresas e nun 10 % en medianas empresas.
  • Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 para medidas de eficiencia enerxética en edificios: subvención do 20 % do custo subvencionable, incrementable nun 20 % en pequenas empresas e nun 10 % en medianas empresas.
  • Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 para medidas de eficiencia enerxética distintas de edificios: subvención do 35 % do custo subvencionable, incrementable nun 20 % en pequenas empresas e nun 10 % en medianas empresas.
  • Axuda máxima por proxecto: 1.000.000 €.
  • Axuda máxima por empresa beneficiaria na convocatoria: 2.000.000 €.

Presentación de solicitudes

Prazo: do 30/01/2026 ás 09:00 h ao 15/09/2026 ás 20:00 h.

Event Schedule Details

  • 15 Setembro 2026
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp