Proxectos de I+D de Transferencia Tecnolóxica Cervera

Obxecto da axuda

Fortalecemento das capacidades de innovación das PEMES e empresas de mediana capitalización, mediante a contratación de actividades de I+D a centros xeradores de coñecemento ou a execución de proxectos de I+D en colaboración con estas entidades, en algunha das tecnoloxías prioritarias “Cervera“ (inclúen “Cadea alimentaria segura e saudable” – e.g. “Desenvolvemento de ingredientes e alimentos de carácter funcional mediante a aplicación de tecnoloxías ómicas”).

Organismo convocante

Convocado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación (CDTI).

Beneficiarios

PEMES e empresas de mediana capitalización (MIDCAPS). Participación relevante de centros xeradores de coñecemento, que non poderá ser inferior ao 10% do total do orzamento aprobado.

Actividades elixibles

As áreas temáticas que agrupan as tecnoloxías prioritarias son:

  • Materiais avanzados
  • Economía circular
  • Transición enerxética
  • Fabricación intelixente
  • Tecnoloxías para a saúde
  • Cadea alimentaria segura e saudable
  • Deep learning e Intelixencia Artificial
  • Redes móviles avanzadas
  • Transporte intelixente
  • Protección da información
  • Computación cuántica

Gastos elixibles

Son elixibles os gastos de persoal; custos de instrumental e material; custos de investigación contractual, coñecementos e patentes adquiridas, consultoría e servizos equivalentes (excluídos os asociados á solicitude do proxecto); gastos xerais suplementarios e outros gastos derivados do proxecto. As colaboracións externas non poderán superar o 65% do orzamento elixible con carácter xeral.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

É unha axuda parcialmente reembolsable. Tramo non reembolsable do 33% da cobertura financieira da axuda. Orzamento mínimo financiable: 175.000€.

Presentación de solicitudes

Aberta todo o ano.

Event Schedule Details

  • 31 Decembro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario