Obxecto da axuda
Fomentar o desenvolvemento de proxectos transformadores que contribúan á promoción da bioeconomía, á transición ecolóxica, ao reto demográfico e ao fortalecemento de capacidades, que fomenten a participación, a igualdade de xénero e a xeración de emprego verde, de natureza científico-técnica, todo elo especialmente ligado a ecosistemas forestais e ao aproveitamento e xestión forestal sostible.
Organismo convocante
FUNDACIÓN BIODIVERSIDAD
Beneficiarios
- Entidades e organizacións sen ánimo de lucro.
- Organismos Públicos de Investigación sen ánimo de lucro da Administración Xeral do Estado e das CCAA.
- Universidades públicas e os seus institutos universitarios que estean inscritos no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.
- Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica sen ánimo de lucro de ámbito estatal que estean inscritos no Rexistro de centros creado polo Real Decreto 2093/2008.
- Centros públicos ou privados sen ánimo de lucro de I+D+i que nos seus estatutos ou na súa normativa de aplicación se regule expresamente a I+D+i como actividade principal.
- Organizacións e colexios profesionais.
- As seguintes administracións públicas e entidades do sector público:
- Concellos
- Deputacións provinciais
- Cabildos e Consellos Insulares
- Comarcas ou outras entidades que agrupen varios concellos
- Mancomunidades de Concellos
- Consorcios, creados por varias administracións públicas ou entidades integrantes do sector público institucional, legalmente constituídos no momento de presentar a solicitude de acordo coa Lei 40/2015, e que, entre as súas competencias se atope a xestión forestal
- Organismos autónomos vinculados ou dependentes de calquera das administracións públicas previamente mencionadas
- .Figuras colectivas de propiedade dos montes e agrupacións de propietarios forestais sen ánimo de lucro que teñan personalidade xurídica propia.
- Agrupacións de persoas xurídicas públicas ou privadas, conformadas polas entidades reflectidas nos apartados anteriores.
Actividades elixibles
Proxectos transformadores de natureza científico-técnica que contribúan á conservación, mellora e restauración da biodiversidade dos ecosistemas e especies forestais; á adaptación dos entornos forestais ao cambio climático, fomentando unha xestión encamiñada á resiliencia e resistencia dos montes, especialmente ante o risco de incendios e ao cumprimento equilibrado da multifuncionalidade dos montes e entornos forestais; á xestión forestal sostible; á planificación forestal no marco da ordenación do territorio; ao fomento das producións forestais sostibles e os seus sectores económicos asociados; á creación de emprego e o desenvolvemento do medio rural; así como, de maneira simultánea, que contribúan á transición ecolóxica, ao reto demográfico, á loita contra a despoboación e á xeración de emprego verde a través da bioeconomía, e especialmente, a través de actividades ligadas aos mosaicos e entornos forestais.
Estes proxectos deben ofrecer accións que favorezan a identificación e desenvolvemento de opcións económicas sostibles para o emprendemento e o emprego verde e oportunidades para a poboación xove; e deben incluír tamén a igualdade de xénero entre os seus obxectivos de transformación.
Gastos elixibles
- PERSOAL PROPIO (MAX 80% custo laboral) e NOVAS CONTRATACIÓNS (100%).
- VIAXES E MANUTENCIÓN;
- ASISTENCIA EXTERNA;MATERIAL INVENTARIABLE (amortización);
- MATERIAL FUNXIBLE;
- CUSTOS INDIRECTOS (MAX 4% CUSTOS DIRECTOS);
- INFORME AUDITOR (MAX 5% SUBVENCIÓN).
A subcontratación está limitada ao 50% do orzamento.
Tipo, cantidade e intensidade da axuda
- Tipo de axuda: Subvención a fondo perdido
- Cantidade: 77.000.000,00 €
- Intensidade da axuda: MÁX 95% con mín 100.000€; MÁX 2.000.000€
Presentación de solicitudes
Data límite para presentar solicitudes o 30-06-2023. Forma de tramitación a través da páxina web da Fundación Biodiversidad.