Posta en marcha de novos proxectos empresariais que requiran o uso de tecnoloxía ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento de tecnoloxía, rescatando para iso aqueles proxectos presentados ás convocatorias de referencia (Programa Neotec) que superaron os limiares mínimos recollidos nas devanditas convocatorias dos anos 2023 e 2024 pero que non adquiriron a condición de beneficiarias por insuficiencia de crédito.
Convoca a Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Pequenas empresas innovadoras que, presentando unha solicitude de axuda ás convocatorias de referencia, resultasen desestimadas por insuficiencia de orzamento dispoñible para financiar o proxecto con cargo á devandita convocatoria conforme ás Resolucións definitivas da Presidencia do CDTI das convocatorias do programa NEOTEC dos anos 2023 e 2024.
Financiaranse as actividades relativas á posta en marcha de novos proxectos empresariais, que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento propio de tecnoloxía, de calquera ámbito tecnolóxico e/ou sectorial.
As axudas solicitaranse para actuacións anuais ou plurianuais, sendo a duración de 12 meses (1 ano) ou 24 meses (2 anos).
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (Anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal ata o 22 de setembro de 2025.









