Relanzamento da iniciativa ‘SMEs Go International’

O Programa Europeo para a Competitividade das Pequenas e Medianas Empresas (COSME) volveu a convocar a súa iniciativa ‘SMEs Go International’, a través dun servizo de asesoramento a 25 proxectos que ten como obxectivo facilitar a internacionalización e os esforzos de expansión das pemes europeas.

En definitiva, ‘SMEs Go International’ busca axudar ás pemes europeas a desenvolver proxectos empresariais comercialmente viables e rendibles en asociación con terceiros países pertencente ou non á Unión Europea.

Servizos de programa

Os proxectos que resulten seleccionados recibirán o asesoramento de expertos comerciais e de apoio que lles axudarán a levar os seus plans un paso máis aló, abordando eficazmente os desafíos e superando os obstáculos na súa proxección transnacional. Neste sentido, cabe destacar que as pemes non recibirán apoio financeiro directo.

As pemes socias do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) interesadas en formar parte desta iniciativa poderán beneficiarse deste asesoramento no marco do proxecto europeo New Frontiers in Food (NF4), unha aceleradora de internacionalización que traballou para mellorar a competitividade das pemes innovadoras dos clústeres participantes, facilitándolles o acceso a catro mercados obxectivo, cos que o consocio xa estaba conectado: Canadá, Brasil, China e Estados Unidos.

Para iso, definiuse unha estratexia intelixente baseada na combinación de varias especializacións interconectadas en tres cadeas de valor complementarias: os alimentos conectados, os alimentos funcionais e ingredientes saudables e os produtos alimentarios procesados.

Prazo de presentación de solicitudes

As pemes que queiran solicitar este proxecto ‘SMEs Go International’, deben facelo antes do 23 de outubro ás 18.00 horas a través da ligazón que figura no botón “inscribirse” que aparece a continuación.

Para máis información ou resolución de dúbidas pódese contactar con Clusaga a través do email info@clusaga.org.

Webinar informativo

O 1 de outubro de 2020 ás 15.00 horas a European Cluster Collaboration Platform organiza un webinar informativo no que se explicará este proxecto, o seu proceso de solicitude e a asistencia técnica que ofrecen (ver programa aquí). Las inscripcións ao devandito seminario web poden facerse a través desta ligazón: https://ec.europa.eu/webinarinformativo

Event Schedule Details

  • 23 Outubro 2020
Compartir
Engadir ao Calendario