STAGE: Programa de transición á sostibilidade

Obxecto da axuda

STAGE é un ecosistema único de transición cara á sostibilidade que ofrece ás empresas un apoio especializado para transformarse en líderes competitivos e sostibles da comunidade industrial europea. O obxecto da axuda STAGE, financiada pola Comisión Europea baixo o programa Horizon Europe, é apoiar ás PYMEs na súa transición cara á sostibilidade.

Organismo convocante

STAGE (Sustainable Transition to the Agile and Green Enterprise)

Beneficiarios

PYME

  • Deben cumprir coa Recomendación 2003/361/EC da Comisión Europea e realizar o cuestionario de autoavaliación de PYME.
  • As PYME seguirán sendo elegibles durante o Programa, incluso se deixan de cumprir certos criterios.
  • Non deben ter condenas por comportamento fraudulento, irregularidades financeiras ou prácticas empresariais ilegais.
  • Non deben estar en bancarrota ou en proceso de quiebra, nin en liquidación ou en dificultades segundo a normativa da Comisión.
  • Non deben estar excluídas de recibir fondos da UE nin por decisións nacionais ou da UE.
  • Requírese unha versión asinada da Declaración de Honor durante a fase de preparación do contrato.

Aceptan empresas de todos os ecosistemas industriais europeos definidos pola CE, como Textiles, Electrónica, Enerxías Renovables, etc.

*Entidades legais establecidas en Estados membros da UE ou países asociados a Horizon Europe.

**Entidades do Reino Unido, baixo medidas restrictivas da UE ou cubertas por directrices específicas non son elegible

Actividades elixibles

O Programa STAGE concederá ata 25.000 euros por PYME seleccionada para apoiar a súa transición cara á sostibilidade económica, social e ambiental. As actividades financiadas inclúen:

  • Preparación dun plan de proxecto de investimento
  • Estudo de viabilidade
  • Auditoría tecnolóxica
  • Análise de due diligence
  • Recolección e análise de datos para a avaliación da pegada de carbono
  • Adaptación de procesos empresariais
  • Contratación doutros servizos especializados de consultoría e coaching relacionados coa preparación do plan de investimento

Elegibilidade do proxecto

  • plan de proxecto debe buscar unha inversión de 100.000 euros ou máis.
  • plan debe prever accións relacionadas coa excelencia tecnolóxica, como a adopción de tecnoloxías avanzadas ou modelos de negocio sostibles.
  • plan debe prever un impacto económico positivo, como crecemento de ingresos, creación de emprego ou aforro en custos enerxéticos.
  • Débese presentar un Plan de Transición cara á Sostibilidade xunto coa solicitude.

Non se financiarán actividades relacionadas con traballo forzado, pesca insostíbel, comercio de desechos, destrución de áreas de alta conservación, materiais radiactivos, pornografía e outros sectores como bebidas alcohólicas (excepto cervexa e viño), tabaco, armas, etc.

Gastos elixibles

A subvención financeira só pode gastarse en servizos proporcionados por Asesores de Sostibilidade que formen parte do ecosistema STAGE e estean rexistrados na Plataforma STAGE.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

O consorcio STAGE pode conceder 94 subvencións de ata 25.000 euros en forma de suma global, que cada PYME poderá utilizar para pagar servizos.

Presentación de solicitudes

Fecha de peche: 30 de setembro de 2024

Event Schedule Details

  • 30 Setembro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario