Obxecto da axuda
Programa Investigo para a contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación.
Organismo convocante
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Beneficiarios
- Universidades públicas e privadas con actividade en I+D+i.
- Centros e institucións sanitarias públicas e privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades de I+D+i.
- Centros públicos de investigación, outros organismos públicos e Centros de I+D+i que teñan como actividade principal a I+D+i.
- Empresas pertencentes ao sector público autonómico que estean a investir na realización de iniciativas de I+D+i.
- Empresas cualificadas como IEBT e outras empresas do sector privado radicadas en Galicia que estean a investir na realización de iniciativas de I+D+i.
- Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica situados en Galicia.
- Centros privados de I+D+i sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia que teñan como actividade principal a I+D+i.
Requisitos das persoas a contratar
- Persoas mozas de 16 ou máis anos e que non cumpriran os 30 e que se atopen desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no servizo público de emprego.
- Dispoñer de estudos específicos relacionados coa materia a desenvolver.
- A valoración deberá realizarse mediante o uso de currículo cego garantindo o principio de non discriminación por ningunha razón.
- Que cumpran os requisitos esixidos pola modalidade de contrato a formalizar.
Máximo de contratos subvencionables por entidade é de 5.
Actividades elixibles
As actividades de investigación e innovación que realice o persoal contratado deberán desenvolverse en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia referidas á transición ecolóxica, á economía verde (enerxías renovables, eficiencia enerxética, tratamento de augas e de residuos e industria agroalimentaria), e a dixitalización de servizos, enxeñaría de datos e data science, así como outras tarefas encadradas no marco da Estratexia de especialización intelixente RIS3 2021-2027. Ademais, poderán desenvolverse en ocupacións referidas á sanidade e investigación.
- Non se poderán contratar persoas mozas que desempeñasen calquera tipo de posto de investigación no prazo de 6 meses inmediatamente anteriores á data da solicitude na mesma entidade, organismo, centro ou empresa ou grupo de empresas.
- Tampouco se poderán contratar persoas mozas cuxos contratos foran subvencionados no marco do Programa Investigo 2022 e 2023.
Gastos elixibles
As subvencións para a contratación destinaranse á financiación dos custos laborais e salariais, incluíndo os gastos de cotización por todos os conceptos á Seguridade Social das persoas mozas contratadas.
O período subvencionado será de 12 meses, e a xornada laboral a tempo completo mesmo cando o contrato formalizado teña unha duración superior.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
Tipo de axuda: Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva.
Cuantía: A cuantía máxima da subvención por persoa contratada e ano:
- Módulo A (Grupos de cotización á Seguridade Social 9 a 5): 22.405,92 euros.
- Módulo B (Grupos de cotización á Seguridade Social 4 a 1): 33.108,84 euros.
Intensidade da axuda: Pago, con carácter anticipado, do 100% da axuda.
Xustificación: realizarase no prazo de dous meses tras o fin dos contratos, incluíndo unha memoria de actuación coas actividades realizadas.
Presentación de solicitudes
Data de apertura: 07/02/2024
Data de finalización: 06/03/2024