Subvención para Proxectos Innovadores AEI: Convocatoria 2023 Grupos Operativos Autonómicos

Obxecto da axuda

O obxectivo desta resolución é aprobar as bases para a concesión de subvencións destinadas a proxectos innovadores de grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) no ámbito da produtividade e sustentabilidade agrícola. Convócanse estas axudas para o ano 2023, baixo un réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, co código de procedemento MR331B. Non se financiarán proxectos de investigación básica ou independente.

Organismo convocante

Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal)

Beneficiarios

  • As entidades beneficiarias poden ser persoas físicas ou xurídicas, incluíndo administracións públicas, que formen parte dun grupo operativo da AEI-Agri (GO) creado para levar a cabo proxectos de modernización no sector agroalimentario ou forestal.
  • Aceptanse grupos operativos da AEI constituídos como entidades xurídicas.
  • Os membros do grupo operativo poden ser: produtores agrarios e forestais, as súas agrupacións ou asociacións, empresas ou industrias do sector agroalimentario e forestal (pemes), cooperativas agrarias e as súas asociacións ou federacións, comunidades de regantes, centros de investigación e experimentación, centros tecnolóxicos, universidades e outras entidades dedicadas á innovación, investigación e/ou experimentación en áreas agropecuarias, forestais, agroindustriais ou de calidade agroalimentaria, e asesores e/ou axentes de innovación.

A convocatoria diríxese a grupos operativos da AEI-Agri e aos seus membros que cumpran cos requisitos mencionados.

Actividades elixibles

  1. Xestión sostible dos recursos naturais:
  • Desenvolvemento de sistemas de produción agro-silvopastorís con alta diversidade e manexo ecolóxico ou integrado.
  • Programas para a sanidade animal e vexetal e o uso sostible de produtos fitosanitarios.
  • Xestión de recursos hídricos agrícolas e tecnoloxías de rego sostible.
  • Estudo da eficiencia de uso de recursos en explotacións agrarias e mitigación do impacto ambiental.
  • Xestión de fertilizantes en explotacións agrícolas.
  • Medidas para a mitigación do cambio climático en explotacións agrícolas.
  • Desenvolvemento de tecnoloxías para a mellora xenética de recursos animais e vexetais.
  1. Sistemas agrarios de produción:
  • Mellora da sostibilidade e competitividade na agricultura, gandería e produción forestal.
  • Tecnoloxías de produción de baixo impacto ambiental e produción ecolóxica.
  • Estudo e manexo sostible de pragas e enfermidades na sanidade vexetal.
  • Preservación e mellora da fertilidade do solo.
  • Mellora de cultivos de cereais e leguminosas.
  • Desenvolvemento e uso de bancos de xenética para mellorar a produción agraria.
  • Métodos de control de patoloxías en producións animais.
  1. Cadena agroalimentaria:
  • Tecnoloxías para mellorar a calidade, seguridade e autenticidade na cadea alimentaria.
  • Medición da pegada de carbono ao longo da cadea alimentaria.
  • Uso de marcadores para confirmar calidade e autenticidade dos alimentos.
  1. Bioeconomía:
  • Custos de produción en sistemas agrícolas, gandeiros e forestais en áreas con limitacións naturais.
  • Investigación socioeconómica e apoio a decisións en políticas agrarias para o desenvolvemento sostible da poboación rural.
  • Tecnoloxías para medir o impacto da investigación agraria no desenvolvemento e competitividade.
  • Métodos e ferramentas para transferir resultados de investigación a innovacións no sector agroindustrial galego.
  1. Aplicación de tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao sector agrícola.
  2. Outras iniciativas relacionadas coa produtividade, sostibilidade e innovación agrícola e forestal.

Duración da iniciativa de cooperación: Tres anualidades.

Gastos elixibles

Costes directos:

  • Gastos de persoal técnico propio que participe no proxecto, calculados en base a importes por hora traballada e categoría laboral.
  • Material inventariable, como equipos e equipamento necesarios para a realización do proxecto, con posibilidade de subvencionar os custos de amortización correspondentes á duración do proxecto se o material se utilizará despois da súa finalización.
  • Adecuación ou mellora de infraestruturas e equipamento.
  • Servizos tecnolóxicos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
  • Material fungible necesario para a execución do proxecto.
  • Viaxes e dietas relacionados coa execución do proxecto.
  • Gastos relacionados coa organización de xornadas, asistencia a congresos ou feiras, e divulgación de resultados.
  • Custos derivados do aluguer de equipos, instalacións ou fincas destinados ao proxecto.
  • Gastos relacionados coa protección de resultados, incluído o rexistro de patentes.
  • Custos derivados da contratación dun axente de innovación.

Costes indirectos:

  • Subvencionarase un 15% do importe dos costes directos de persoal imputados ao proxecto.
  • Colaboracións dos membros do grupo operativo non beneficiarios:
  • Os gastos de colaboración poden incluír calquera dos conceptos mencionados nos costes directos.

Non subvencionable:

  • Non serán subvencionables os gastos correspondentes a actividades anteriores á presentación da solicitude de axuda.
  • O IVE será subvencionable se é real e definitivamente soportado polo beneficiario e non é recuperable.
  • Non serán subvencionables os gastos relativos á investigación básica ou fundamental nin á investigación independente.
  • Non se subvencionarán proxectos de procesos de transformación nin de industrias agroalimentarias. Os proxectos deben estar relacionados coa produción agrícola, forestal e agroalimentaria, e centrados na innovación, investigación e desenvolvemento no ámbito rural de Galicia.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

Tipo de axuda: 100% dos costes subvencionables

Cantidade: cantidade máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 180.000,00 euros

Intensidade de axuda:

Primeira anualidade: un 15%.

Segunda anualidade: como máximo un 60%.

Terceira anualidade: porcentaxe restante ata chegar ao 100%.

Presentación de solicitudes

Data de tramitación: Do 27 de xullo de 2023 ao 26 de agosto de 2023.

Detalles da programación de eventos

  • 26 Agosto 2023
Compartir
Engadir ao Calendario