Obxecto da axuda
Iniciar e/ou consolidar o crecemento internacional de pequenas e medianas empresas (PEME) españolas que conten cun proxecto competitivo a través da súa participación no programa ICEX Next e/ou facilitar a revisión da estratexia internacional a empresas afectadas por cambios nas condicións dos seus mercados habituais
Organismo convocante
Ministerio de Industria, Comercio y Turismo
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións as empresas españolas con potencial exportador que desexen iniciar, consolidar ou reorientar a súa estratexia internacional e que reúnan os seguintes requisitos:
- Ser PeME segundo anexo 1 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión
- Ter produto ou servicio propio que poida ser comercializable internacionalmente e contar con marca propia
- Non ser filial comercial ou productiva de empresa estranxeira
- Contar cunha facturación superior a 300.000 euros eliminándose este requisito para as start-ups de base tecnolóxica de recente creación que xa conten con produto ou servizo comercializado.
- As empresas poderán acceder ao programa independentemente da porcentaxe que supoña a cifra de vendas internacionais sobre a facturación total.
- Contar con medios persoais e materiais mínimos para abordar o seu crecemento internacional, en particular contar cunha persoa responsable do proxecto internacional e unha web propia.
- Non ter participado en programas de iniciación de ICEX (PIPE ou ICEX Next) excepto se participaron entre 1997 e 2007 e facturen máis de 1.500.000 euros no último exercicio
- No tener impagos con ICEX
- Cumprir coa Lei 38/2003
Os requisitos acreditaranse mediante a información e documentación que se achega ao realizar a solicitude de subvención cubrindo e entregándoos asinados
Actividades elixibles
Execución dun proxecto competitivo de iniciación, consolidación ou revisión froito da transformación dos seus mercados.
Gastos elixibles
Os conceptos de gasto subvencionable clasifícanse en dous bloques:
Bloque 1: Asesoramiento personalizado ICEX Next
ICEX Next concede unha bolsa total de 30h de asesoramento personalizado ás empresas en materia de internacionalización prestado por consultores expertos en distintos ámbitos da internacionalización e competitividade exterior, previamente homologados polo programa de acordo co establecido na orde de bases achega
A bolsa de horas de asesoramento cobre un asesoramento estratéxico e operativo dirixido á elaboración ou revisión dun plan estratéxico de Negocio Internacional tanto off-line como on-line, asesoramento para a elaboración dun Plan operativo dixital (Plan de Marketing Dixital Internacional, canles dixitais, dixitalización de procesos clave para a internacionalización, asesoramento para a elaboración dun Plan de continxencia/Seguimento en Reino Unido como motivo do Brexit, para as empresas con presenza no mercado británico, asesoramento en materias máis específicas dirixidas a mellorar a competitividade internacional das empresas participantes.
Bloque 2: Gastos de prospección e promoción internacional, gastos de desenvolvemento da rede comercial exterior, gastos de contratación de persoal do departamento internacional.
- Gastos de prospección e estudos referidos a mercados internacionais: estudos, informes, bases de datos e servizos, realizados por terceiros, cuxo obxectivo sexa o facilitar o coñecemento do mercado obxectivo, a viabilidade do produto ou servizo nel e o coñecemento das oportunidades de negocio.
- Gastos de promoción internacional: aquees gastos que impulsen o coñecemento do produto ou servizo no exterior. Neste sentido, inclúense os gastos de material promocional, difusión, publicidade, relacións públicas e marketing dixital, así como os gastos de participación en feiras, seminarios, xornadas, conferencias e accións promocionais no exterior.
- Gastos de desenvolvemento da rede comercial no exterior: son todos aqueis gastos que lle permitan á empresa o desenvolvemento da súa rede comercial en destino. Inclúense os gastos relacionados co acceso do producto ou servicio ó mercado, o rexistro, homologación e certificación do producto entendéndose incluídos os gastos do proceso necesarios para a obtención dos ditos documentos.
- Gastos de contratacións de persoal para o reforzo do departamento internacional
Tipo, contía e intensidade da axuda
- Tipo de axuda: Subvención
- Contía: a subvención máxima por empresa beneficiaria é de 24.000 euros correspondente ao 60% de cofinanciamento de ICEX dos gastos subvencionables (a empresa poderá presentar ata un máximo de 40.000 euros de gasto realizado ao que se aplicará o 60% para determinar a subvención de ICEX).
Presentación de solicitudes
- Data límite para solicitudes:
- procedemento 1: ata o 31/05/2023
- Procedemento 2: do 1 ao 20 de setembro de 2023
- Procedemento 3: do 28 de novembro ao 20 de decembro de 2023
- Forma de tramitación: realizaranse 3 procedementos de selección sucesivos que se publicarán na web de ICEXicex.es e na web de ICEX Next www.icexnext.es