Subvencións para a diversificación agraria (Investimentos non agrícolas) – MR708A

Obxecto da axuda

Subvencións directas de capital para a adquisición de bens de equipamento novos destinadas a proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas en zonas rurais, co obxectivo de mellorar, ampliar ou modernizar estruturas produtivas ou de servizos e reforzar o tecido socioeconómico e a fixación de poboación.

Organismo convocante

Agader – Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Beneficiarios

  • Pequenas empresas, con menos de 50 empregados e volume de negocio ou balance xeral anual non superior a 10 millóns de euros, constituídas antes do 01/09/2025.
  • Persoas físicas autónomas residentes en zonas rurais.
  • Titulares de explotacións agrarias prioritarias ou os seus familiares que diversifiquen cara actividades non agrícolas.
  • Importante: As persoas beneficiarias deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Actividades elixibles

  • Adquisición de bens de equipamento novos necesarios para o desenvolvemento de actividades produtivas non agrarias.
  • Sectores admitidos:
  • Industrias, incluída a segunda transformación da madeira.
  • Transformación e comercialización de produtos agrarios, para proxectos cun orzamento inferior a 100.000 €.
  • Servizos sociais.
  • Actividades de lecer.
  • Artesanía.
  • Enxeñaría e servizos técnicos.
  • Comercio polo miúdo.

Gastos elixibles

Gastos derivados da adquisición de bens de equipamento novos necesarios para o desenvolvemento das actividades empresariais non agrícolas subvencionables.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

  • Orzamento da convocatoria: 2.700.000 €.
  • Intensidade da axuda: 50 % dos gastos subvencionables.
  • Orzamento elixible dos proxectos: entre 20.000 € e 300.000 €.
  • Importe máximo da axuda por beneficiario: 300.000 € nun período de tres exercicios fiscais, conforme ao réxime de axudas de minimis.

Presentación de solicitudes

Prazo: 20/01/2026 00:00 ao 19/02/2026 23:59.

Event Schedule Details

  • 19 Febreiro 2026
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp