Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos

O Instituto Enerxético de Galicia publicou as bases regulatorias para poder solicitar as axudas relacionadas con proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2022. Estas subvencións están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020.

Obxectivo e tipos de apoio

Trátase de axudas para executar proxectos de aforro e eficiencia no sector industrial ou servizos.

Requisitos:

  • Un aforro enerxético do 20 % do consumo enerxético inicial (40 % para actuacións de iluminación e 5 % no caso de actuacións do proceso produtivo do sector industrial).
  • Alcanzar un ratio de aforro enerxético anual de 0,4 kWh/€ de inversión elixible, que se reduce a 0,3 para medianas empresas e 0,2 para pequenas.

Beneficiarios

Por unha banda, poderán beneficiarse desta subvención aquelas empresas ou empresarios autónomos con centro de traballo en Galicia, cuxas actividades correspondan a algún destes sectores:

  • Sector servizos: as actividades incluidas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009.
  • Sector industrial: Empresas cuxo CNAE 2009 comeza pola división da 07 á 39, excluidas as que comecen pola división 2 e 12.

Por outra banda, tamén poderán solicitar a subvención aquelas empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía situadas en Galicia e que o obxeto destos contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo deben corresponder a empresas incluídas no ámbito de aplicación indicado anteriormente.

Inversións

  • A inversión mínima para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 000 euros.
  • Preséntase un único proxecto técnico por solicitude (pode incluir unha ou varias actuacións homoxéneas).
  • Unha mesma empresa pode solicitar unha ou máis solicitudes.

O periodo de actuacións subvencionables corresponde a aquelas realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda, e a data límite para executar e xustificar a inversión será o 15 de setembro de 2023.

Cantía de las ayudas

La contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. A axuda máxima por proxecto ascende a 500.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 19 de Abril ás 9.00 e remata o 3 de Octubre de 2022.

Para calquera aclaración, as bases da convocatoria foron publicadas no DOG de 5 de Abril de 2022.

A presentación das solicitudes realizarase únicamente por medios electrónicos a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia. Pódese acceder aos formularios correspondentes para presentar a documentación mediante a sede electrónica, ou desde a páxina web do INEGA.

Event Schedule Details

  • 3 Outubro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario