Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado destas bases reguladoras
INSTITUTO ENERGÉTICO DE GALICIA (INEGA)
Poderán ser beneficiarios das subvencións:
Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha entidade das indicadas no apartado a) e deberán contar en todo caso co visto e prace do titular da instalación, por se a concesión da axuda dese lugar a modificación do contrato existente entre ambas as partes.
As empresas de servizos enerxéticos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real Decreto 56/2016, do 12 de febreiro, para o desenvolvemento da actividade profesional de provedor de servizos enerxéticos, e deberán estar incluídos na Listaxe de Provedores de Servizos Enerxéticos regulada no capítulo III do citado real decreto.
As persoas ou entidades que resulten beneficiarias da subvención e con posterioridade contratasen a xestión enerxética, total ou parcialmente, a unha empresa de servizos das definidas anteriormente, poderán solicitar a modificación da resolución de concesión no sentido de que pase a ser beneficiaria esta última, xuntando unha copia do contrato de servizos enerxéticos no que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o que se solicita a axuda.
Esta solicitude deberá presentarse, como mínimo, 20 días hábiles antes da finalización do prazo de xustificación do investimento do proxecto, podendo dar lugar á minoración da axuda inicialmente outorgada tras a aplicación da metodoloxía de cálculo da axuda segundo o establecido nas bases, no caso de que se produza unha variación do investimento elixible ou das características técnicas do proxecto.
As Empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.
Poderán ter dereito a subvención os proxectos de aforro e eficiencia enerxética que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:
Serán subvencionables aqueles proxectos con rateos de aforro enerxético anual iguales ou superiores aos indicados para cada liña:
Os proxectos que se presenten deberán ser técnica, xurídica, económica e financeiramente viables.
Considéranse custes subvencionables: a elaboración dos proxectos técnicos, dirección facultativa e obra civil relacionados coas actuacións, o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e posta en marcha, así como os sistemas de monitorización, contabilización e telexestión e as auditorías
Serán elixibles os custes de inversión adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética.
Para axudas de más de 100.000 € limítase a axuda segundo o aforro enerxético xustificado. A estes efectos da aplicación deste límite no caso de proxectos da liña PAP utilizarase o epígrafe específico para esta tipoloxía de proxectos:
Pequena empresa
Mediana empresa
Gran empresa
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas (PAP)
No caso de proxectos do sector industrial cun investimento igual ou superior a 100.000 € e rateos de aforro iguales ou superiores a 0,81 kWh/€ de inversión a axuda estará limitada a un máximo do 25 % da inversión
Data límite para presentar solicitudes o 15/09/2023. Forma de tramitación na sede electrónica da Xunta de Galicia.