Subvencións vinculadas á realización de instalacións de enerxías renovables

Obxecto da axuda

Concesión de axudas para a execución dos programas de incentivos vinculados á implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía (sectores industrial, agropecuario, servizos e administracións públicas), no marco dos obxectivos perseguidos polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia e polo Plan nacional integrado de enerxía e clima (PNIEC) 2021-2030.

Organismo convocante

Agencia Instituto Energético de Galicia (INEGA)

Beneficiarios

  • Persoas físicas que deberán estar dadas de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
  • Persoas xurídicas: organización, empresa, institución ou ente similar, conformado por un ou varios individuos, que ten a finalidade de desenvolver actividades comerciais ou mercantís.
  • Calquera entidade do sector público institucional de calquera administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015 do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as entidades de dereito privado ou organizacións privadas sen ánimo de lucro.
  • Agrupacións, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración de calquera das figuras dos tres puntos anteriores, con ou sen personalidade xurídica.

Actividades elixibles

Actuacións encamiñadas á implantación de novas instalacións térmicas renovables, ampliacións e substitucións de sistemas de producción existentes que abastezan calquera das seguintes aplicacións ou un conxunto delas:

  • Aplicacións térmicas para producción de frío e/ou calor en edificios.
  • Aplicacións de baixa, media e alta temperatura en procesos productivos ou outras aplicacións térmicas.

As actuacións subvencionables inclúen as tecnoloxías: solar térmica, biomasa, xeotermia, hidrotermia, aerotermia e microrredes de distrito de calor e/ou frío.

No caso das bombas de calor deberán ter un SPF superior a 2,5. En instalacións de biomasa, deberase lograr unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro de polo menos un 80%. Para actuacións de microrredes de distrito de calor e/ou frío, a axuda máxima que se vaia percibir corresponderase co primeiro MW de potencia da instalación de produción e/ou o primeiro MW de potencia en intercambio. Os aparellos de calefacción local incluídos neste programa deben dispoñer da parte frontal pechada.

Para actuacións que cumpran relación con redes de calor e/ou frío poderanse combinar dúas ou máis tipoloxías nunha soa solicitude.

Tódalas instalacións, agás a tipoloxía de biomasa aparellos de calefacción local, deberán contar cun sistema de monitorización da enerxía térmica producida pola instalación obxecto de subvención.

As actuacións subvencionadas atenderán ao principio de «non causar dano significativo» a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello.

Non serán obxecto deste programa de axudas:

  • Aquelas bombas de calor que non alcancen os rendementos mínimos exixidos nin as que non certifiquen os rendementos.
  • As bombas de calor cuxo cometido sexa funcionar como unidade desfumectadora.
  • Os equipos para xeración de frío industrial, entendo como tal, aqueloutros sistemas frigoríficos que proporcionen frío a cámaras de refrixeración e frigoríficos para almacenamento ou conxelado de alimentos ou outros productos, sistemas frigoríficos situados no transporte marítimo, terrestre ou aéreo, salas de servidores e data centers.
  • Proxectos de investimento en instalacións cuxos equipamentos principais non sexan novos ou que tivesen uso previo.

Gastos elixibles

Custo subvencionable unitario máximo (Csum) ou Custo elixible unitario máximo (Ceum) (€/kW) para as seguintes actuacións subvencionables:

  • Instalacións xeotérmicas ou hidrotérmicas: 2130
  • Instalacións aerotérmicas: 1130
  • Instalación Solar Térmica: 1070
  • Biomasa Cámara de Combustión: 100
  • Caldeiras de biomasa e aparellos de calefacción local: 500
  • Novas redes de tubaxes de distribución e subestacións de intercambio ou ampliación de existentes:450

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo de axuda: Subvención a fondo perdido
  • Contía: por tecnoloxía (sen IVE):
    • Biomasa:550.000 euros
    • Geotermia e hidrotermia: 1.700.000 euros
    • Aerotermia: 800.000 euros
    • Soar Termica: 95.271 euros
  • Intensidade de axuda: Gran empresa (35%); Mediana empresa (40%) e Pequena empresa (45%)

Presentación de solicitudes

Data límite para presentar solicitudes o 02/01/2024. Forma de tramitación a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web do INEGA.

Event Schedule Details

  • 2 Xaneiro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario