O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), a través do seu Servizo Insights, pecha o primeiro semestre do ano achegando ás empresas socias as novidades que se veñen observando recentemente na comercialización de produtos: Clean Label, ou etiquetaxe limpa de produtos, e Plant-Based, tendencia de elaboración de produtos alimentarios de orixe vexetal baseados en plantas.
O webinar sobre Clean Label terá lugar o martes 11 de xullo e permitirá ás persoas asistentes achegarse a unha nova realidade na etiquetaxe, afondando nas preferencias dos consumidores, tanto nas novas necesidades como nas demandas de información á hora de escoller produtos.
O webinar sobre Planted-Based celebrarase o martes 18 de xullo e estará enfocado a coñecer as alternativas de alimentación que están xurdindo ao redor da orixe vexetal e a penetración que este tipo de produtos están a ter, tantos nas canles de comercialización como no fogar dos consumidores e consumidoras.
Los dos seminarios virtuais terán lugar ás 9.30 horas, sendo cada un deles de 30 minutos de duración, e estarán impartidos pola coordinadora da Área de Mercados e Internacionalización do Clúster, Belén Vázquez.
Para asistir a algún ou a ambos os dous webinars, é preciso rexistrarse a través da ligazón que aparece a continuación. Para máis información pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no correo insights@clusaga.org ou no teléfono 881 043 687.