Clusaga organiza o segundo webinar da serie Martes de Insights, un ciclo informativo pensado para divulgar as principais tendencias de mercado e consumo analizadas no marco do servizo Insights de Clusaga.
Neste webinar, que se celebrará o 12 de novembro ás 10.00 horas, Innova Market Insights presentará as 10 tendencias máis relevantes que impactarán no sector da alimentación en 2025. Cada ano, Innova recompila estas tendencias baseándose nunha análise detallada do comportamento e preferencias dos consumidores, así como das innovacións en produtos e envases que emerxen no mercado.
Nesta sesión, analizaranse as principais direccións que tomará o sector dende a perspectiva do consumidor, destacando a crecente preocupación pola saúde e a importancia da calidade dos ingredientes cun impacto positivo no benestar. Tamén se abordarán tendencias en sustentabilidade e adaptación ás demandas actuais. Ademais, expoñeranse as liñas de innovación máis destacadas con exemplos de produtos que están a marcar diferenza en diversos mercados.
Este webinar é unha oportunidade para coñecer as novas tendencias e comprender mellor as claves para adaptarse a un mercado en constante cambio.