TR357B – Línea III: Axudas para as certificacións de RSE

Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE). Liña III – Certificacións de RSE (TR357B) 

Obxecto da axuda 

Estas axudas están destinadas á obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial.  

Organismo convocante 

Convocado pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia. 

Beneficiarios 

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas. 

Para a liña III (Certificacións de RSE (TR357B)), as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras. 

Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade mínimo do 50% dende o 1 de xaneiro de 2025 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo deste porcentaxe solo se terán en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa. 

Actividades elixibles 

Para esta liña III, as actividades elixibles poderán ser as que se relacionan ou equivalentes a: Empresa Familiarmente Responsable-EFR (conciliación); Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Global Compact (Pacto Mundial); ISO 37301; SGE 21; Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente); ISO 16064; UNE-ISO 21401; ESO 50001; SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, e, tamén o Selo Horarios Racionais (SHR).

Gastos elixibles 

  • Custos da certificación obtida 
  • Custos de consultaría 

Tipo, contía e intensidade da axuda 

  • Tipo: concorrencia competitiva. 
  • Contía: 2000 €. 
  • Intensidade: Será o pago do 80% da totalidade dos custos da certificación obtida cun máximo de 2000€ por empresa. 

O porcentaxe subvencionable dos custos de consultaría non poderá exceder o 30% da subvención. 

Presentación de solicitudes 

O prazo estará aberto ata o 28 de febreiro de 2025 ás 23:59 e pode realizarse a través da sede electrónica 

Event Schedule Details

  • 28 Febreiro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario