Obxecto da axuda
Mellorar a conectividade das PYME mediante a adopción de solucións de acceso a Internet de banda ancha e de servidos asociados á mesma.
Organismo convocante
Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.
Beneficiarios
Pequenas empresas e microempresas de 0 a menos de 50 traballadores e as persoas en situación de autoemprego, en diante PYME.
Actividades elixibles
- Acceso a Internet de Banda Ancha (100 Mbps de velocidade en sentido descendente).
- IP fixa.
- Telefonía móvil corporativa.
- WiFi Profesional.
- Centralita virtual.
- Almacenamiento e Backup na nube: Modalidade Básica.
- Almacenamiento e Backup na nube: Modalidade Avanzada.
As condicións son:
- Non dispoñer da solución de «acceso a Internet de banda ancha elexible» para as subvencións de «Bono PYME» no momento da solicitude da axuda nin dispoñer do mesmo nos tres meses anteriores.
- No referente ás solucións de «Telefonía Móvil Corporativa» e «Centralita virtual», o número de usuarios solicitado non poderá ser superior ao número de traballadores acreditado.
- Ter domicilio fiscal en territorio español ou dispoñer dun establecemento ou dunha sucursal en España no momento en que se fagan efectivas as axudas.
- Ter a consideración de pequena empresa ou microempresa.
- Estar inscrito no Censo de empresarios, profesionais e retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou no censo equivalente da Administración Tributaria Foral.
Gastos elixibles
As subvencións son disposicións dinerarias que se concretan no pago ás PYME beneficiarias durante doce meses contados a partir da concesión da axuda do 50 por 100 do custo do servizo de acceso a Internet e do 100 por 100 do custo dos servizos asociados elixibles.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
- Tipo: Concesión directa – canónica.
- Cuantía: O importe máximo da axuda que poderá percibir a beneficiaria polo conxunto de servizos e solucións de conectividade que contrate cun ou máis Prestadores de Servizos adheridos e pola totalidade do período de prestación da axuda será de 3.000 €, sumados os importes individuais de todos os servizos contratados.
- Intensidade: O importe máximo total das axudas reguladas na presente convocatoria ascende á cantidade de 48.000.000 €.
Presentación de solicitudes
A presentación de solicitudes van dende o 10 de septembro de 2024 ás 11:00 horas ata o 30 de decembro de 2024 ás 11:00 horas, ou cando se esgote o crédito presupuestario.
As solicitudes serán resoltas e notificadas no plazo máximo de 6 meses.