Unidades Mixtas de Investigación 2025

Obxecto da axuda

Impulsar o desenvolvemento de proxectos colaborativos no ámbito da I+D+i, promovendo a cooperación entre os centros de coñecemento e empresas para abordar retos conxuntos e desenvolver solucións innovadoras no marco da Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.

Organismo convocante

Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha ou varias empresas, das que polo menos unha debe ser unha peme.

Actividades elixibles

Son actividades subvencionables a investigación industrial e o desenvolvemento experimental.

Gastos elixibles

  • Custos directos:
    • Custos de persoal.
      Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.
    • Materiais, subministracións e produtos similares.
    • Adquisición de patentes.
    • Subcontratacións e servizos tecnolóxicos externos.
    • Outros custos.
  • Custos indirectos:
    • Gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable).
    • Gastos de supervisión e control de calidade.
    • Subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza.

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo: Subvención en réxime de concorrencia competitiva.
  • Contía: 3.000.000€ por proxecto.
  • Intensidade: 40%

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ata o 22 de setembro de 2025

Event Schedule Details

  • 22 Setembro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp