O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza, en colaboración coa plataforma de cupóns dixitais dcoupon, o venres 20 de novembro ás 9.30 horas o webinar “A importancia das promocións en tempos de COVID-19 para o shopper galego”.
Nesta sesión online presentaranse os resultados dun estudo realizado a máis de 500 usuarios da plataforma dcoupon durante o mes de outubro e analizarase un exemplo de boas prácticas de relanzamento de novos produtos ao mercado galego da man da compañía Danone e a suas marcas Alpro e Actimel.
Entre outros aspectos, abordaranse as prioridades galegas da “nova experiencia de compra”, o efecto das promocións no cambio de produto ou establecemento, a repercusión dunha boa promoción na proba de novos produtos e a adaptación das promocións actuais ás necesidades do shopper.
O webinar contará coas intervencións de Sergio Fernández de Tejada, director xertal de Scanbuy Spain, Xavier Cros, experto en shopper marketing, Sara Molina, media & digital manager de Alpro, e Roberto do Barrio, plant based director Iberia de Danone.
As persoas interesadas en asistir ao webinar, poden inscribirse de maneira gratuíta a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.