Webinar. Aplicacións da fotónica nos procesos alimentarios. Tecnoloxías e innovacións asociadas

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza no marco do proxecto HSI-FOOD o webinar “Aplicacións da fotónica nos procesos alimentarios. Tecnoloxías e innovacións asociadas” o xoves 18 de febreiro a partir das 9.30 horas.

Nesta sesión online analizaranse as oportunidades e aplicacións que a tecnoloxía fotónica ofrece á industria dos alimentos e as bebidas, así como as innovacións que marcarán as tendencias de futuro.

Para iso, o webinar contará coa participación de Hugo Montoiro, director de mercadotecnia en Foos Iberia, quen abordará as aplicacións das tecnoloxías NIR e FTIR na industria alimentaria, e Raúl Jorge, enxeñeiro experto en aplicacións industriais en Mesurex, que tratará a análise de calidade dos alimentos mediante hiperespectroscopia

Ademais, a xornada contará cunha mesa redonda na que se tratarán as aplicacións do láser en procesos alimentarios, a análise de imaxe e colorimetría na industria alimentaria e as novas aplicacións da tecnoloxía hiperespectral. Nela participarán Patxi Larumbe, CEO en Coccus, Mª Eugenia Martín, CEO en ColorSensing, e Rodrigo G. Reboredo, técnico investigador especialista en espectroscopia en ANFACO CECOPESCA.

As persoas interesadas en asistir ao webinar, poden inscribirse de maneira gratuíta a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.

Sobre HSI-FOOD

Clusaga coordina o proxecto HSI-FOOD – Investigación sobre a aplicabilidade industrial de tecnoloxía fotónica hiperespectral para a determinación de parámetros de calidade en alimentos que ten como obxectivo testar o uso de tecnoloxía fotónica hiperespectral para a determinación de parámetros de calidade en materias primas e produto final, en diferentes matrices alimentarias.

Neste proxecto, que está subvencionado polo programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) 2020 do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, participan o centro tecnolóxico ANFACO-CECOPESCA e as empresas Freshcut SL e Lugar dá Veiga SLL, todas elas entidades socias de Clusaga.

INSCRIBIRSE MÁIS INFO SOBRE HSI-FOOD

Detalles da programación de eventos

  • 18 Febreiro 2021
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario