O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o vindeiro 9 de marzo, ás 10.00 horas, o webinar “Carnes, pescados e outros produtos do mar, e pratos preparados: Tendencias actuais e innovacións”. Este evento forma parte do proxecto europeo AHFES e enmárcase no ciclo de encontros online sobre tendencias en alimentación saudable.
Trátase dunha oportunidade para coñecer as principais tendencias do consumidor neste ámbito, as tendencias de mercado e as oportunidades de innovación en carnes, pescados e outros produtos do mar, e pratos preparados, poñendo o foco na saúde.
Durante o webinar exporanse os retos e iniciativas das marcas para responder ás demandas dos consumidores, da man de María Pérez Sainz, técnico Especialista en Economía Circular de Nueva Pescanova. Para pechar o webinar terá lugar o turno de preguntas e un posible debate, para rematar coas conclusións da sesión.
As persoas interesadas en inscribirse a este webinar poden facelo a través do formulario que atoparán a continuación
AHFES – A quadruple helix Atlantic Area healthy food ecosystem for growth of SMEs é un proxecto europeo financiado polo programa Interreg Espacio Atlántico, e coordinado por Clusaga. Ten dous obxectivos fundamentais. Por unha banda, fortalecer a colaboración entre clústeres nas rexións da área atlántica e, por outro, mellorar a innovación, a competitividade e o crecemento das pemes de alimentos e bebidas saudables para aliñar os seus produtos coas necesidades e expectativas dos consumidores, a través de servizos e formación.