Webinar “Casos de éxito no desenvolvemento de ferramentas para a dixitalización do sector lácteo”

O vindeiro 2 de marzo, ás 9.30 horas, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o  webinar “Casos de éxito no desenvolvemento de ferramentas para a dixitalización do sector lácteo”, no marco do proxecto ML4Milk.

O evento contará con catro ponencias a cargo de Álvaro Dosil, director técnico de TripleAlpha Innovation; Gonzalo Abuín, CEO de PerfectNumbers; Iker García, CEO de AOTECH; e Noemí Rodríguez, CEO de Himikode.

Sobre o proxecto

ML4Milk “Desenvolvemento e validación de técnicas de procesado masivo de datos para a optimización do rendemento de procesos produtivos e da calidade do produto final no sector lácteo e a súa cadea de valor” é un proxecto coordinado por Clusaga,  que recibe financiación da convocatoria 2021 do programa de Agrupacións Empresariais Innovadoras, e no que participan as empresas Casa Grande de Xanceda, Glaücor Ingeniería, Queizuar e TripleAlpha Innovation, socias do Clúster.

O obxectivo xeral do proxecto é incrementar o rendemento produtivo, a calidade do leite e a calidade dos produtos lácteos finais mediante a mellora das condicións de operación en granxa e de procesado en fábrica a través de técnicas de machine learning.

Inscrición ao webinar

O prazo de inscrición ao webinar permanecerá aberto ata as 16.30 horas do 1 de marzo. Podes rexistrarte a través do formulario que atoparás a continuación. Para máis información, consulta o programa.

Detalles da programación de eventos

  • 2 Marzo 2022
Compartir
Engadir ao Calendario