Webinar: Claves de comunicación no sector alimentario ante a crise do COVID-19

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza con Luisa Rodríguez, directora rexional de ATREVIA, un webinar para abordar as claves de comunicación no sector alimentario ante a crise do COVID-19 o xoves 26 de marzo ás 9.30 horas, a través da plataforma online Webex.

A crise sanitaria provocada polo COVID-19 provocou unha situación de excepcionalidade en todo o mundo xerando grandes e graves retos no sector para manter a actividade. Agora, a xestión da comunicación está a xogar un papel fundamental #ante o coronavirus.

Transmitir unha mensaxe de forma sinxela, eficaz e áxil pode marcar a diferenza debido ao momento que vivimos, no que se demanda cada vez máis transparencia e responsabilidade. Por iso, agora máis que nunca se necesitan marcas con valores, que traballen de maneira conxunta pola seguridade en todos os ámbitos.

Ao finalizar a exposición de Luisa Rodríguez, abrirase unha quenda de debate e preguntas co obxectivo de intercambiar dúbidas e experiencias.

Luisa Rodríguez, experta na xestión de comunicación de crise

Luisa Rodríguez é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago e ten un Máster en Comunicación pola Universidade Autónoma de Madrid. Con case 20 anos de experiencia, liderou proxectos de xestión de crise e posicionamento reputacional, especialmente para empresas e asociacións do sector de gran consumo e industriais.

O prezo do webinar para entidades non socias do Clusaga é de 10€+IVE.

Event Schedule Details

  • 26 Marzo 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario