Webinar: Claves da xestión laboral na actual situación de crise polo COVID-19

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza en colaboración con Randstad o webinarClaves da xestión laboral na actual situación de crise polo COVID-19” o venres, 27 de marzo, en horario de 9.30 a 10.30 horas.

A crise sanitaria xerada polo coronavirus está a ter unha incidencia directa na economía, afectando tanto á actividade produtiva como á demanda e ao benestar da sociedade. Por iso, o Goberno publicou no BOE medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social.

Neste webinar abordaranse os puntos crave da Real Decreto-lei 8/2020 do 17 de marzo e o 463/2020 do 14 de marzo, tales como os cambios nos procedementos da suspensión ou redución de xornada (ERTES e teletraballo, principalmente).

Este webinar contará coa participación de Rubén Manso, director de zona de Randstad Galicia, que se encargará xunto a Roberto Alonso, xerente de Clusaga, de dar a benvida a esta sesión. A continuación, intervirán para abordar estas medidas adoptados polo Goberno Valentín Bote, director do Instituto de investigación de Randstad Research, e Andrés Menéndez, director rexional de Randstad.

O acceso de asistentes ao webinar, previa inscrición, realizarase de 9 a 9.30 horas a través da plataforma de acceso online Webex.

Event Schedule Details

  • 27 Marzo 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario