Randstad, socio do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o venres 8 de maio ás 9.30 horas o webinar “Claves para unha volta segura ao traballo no sector alimentario”. Nel abordaranse temas como os datos económicos e laborais do sector alimentario e previsións sobre o ritmo de recuperación. Tamén, tratarase a normativa relevante na fase de desescalada e como abordar unha volta segura ao posto de traballo neste sector.
O encontro contará coa participación de Valentín Bote, director do Instituto de Investigación de Randstad Research, que abordará o marco económico e laboral do sector; Mariola Sánchez, directora da área Legal en Randstad España, que tratará a nova normativa laboral e Esther Bravo, directora de Prevención de Riscos Laborais en Randstad España, que dará as claves para unha volta segura ao traballo.
9:30 h Benvida
9:35 h Situación económica e laboral do sector alimentario
9:45 h Nova normativa relevante: enfoque práctico
9:55 h Medidas de prevención laboral na incorporación ao posto de traballo
10:15 h Preguntas
10:30 h Clausura