Webinar “Como optimizar as oportunidades de venda en ALIBABA.com e fomentar o comercio exterior do sector alimentario galego”

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza este webinar, en colaboración con Alibaba.com, Redflexion Consultores e Padeco Global, o vindeiro 20 de abril ás 9.30 horas.

Este encontro online afondará en Alibaba.com, o Marketplace líder global no comercio electrónico B2B, e en como se pode converter no aliado perfecto de todo departamento de exportación, empoderando o labor comercial do equipo na apertura de novos mercados e na consolidación dos existentes, identificando novos partners potenciais.

Analizarase o perfil do comprador dixital e a situación do sector alimentario na contorna dixital e, en concreto, no caso de Alibaba.com.

A sesión, de enfoque práctico, facilitará o debate para que os asistentes poidan trasladar as súas dúbidas sobre o mercado online de oportunidade. Ademais, analizaranse diversas propostas de traballo para optimizar a presencia no marketplace de Alibaba.com e axudas para a internacionalización dixital das empresas.

Para participar requírese inscrición previa a través do formulario que aparece a continuación, cuxo plazo está aberto ata o 19 de abril ás 16.30 horas. Para dúbidas e consultas pode contactarse con Clusaga a través do teléfono 981 55 60 62 ou do correo international@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 20 Abril 2022
Compartir
Engadir ao Calendario