O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) participa na organización do webinar “Connecting with Middle East”, celebrado no marco do proxecto F2F Health Matters e que terá lugar o vindeiro 9 de marzo, a partir das 10.00 horas.
F2F Health Matters é un proxecto de tres anos de duración no que participa Clusaga, consistente nunha aceleradora de internacionalización para pemes agroalimentarias europeas a cinco mercados obxectivo, dos cales tres (Canadá, Xapón e Emiratos Árabes Unidos) foron seleccionados para levar a cabo misións comerciais directas con apoio financeiro por parte do proxecto.
No webinar do 9 de marzo, representantes da consultora TTE Gulf Management, con máis de 20 anos de experiencia apoiando a entrada de empresas no mercado de Oriente Medio, e representantes do consorcio de F2F Health Matters, entre as que se atopa a Técnica de Proxectos da Área de Mercados e Internacionalización de Clusaga, Marina Alfonsín, ofrecerán unha visión panorámica da industria alimentaria de Oriente Medio e das oportunidades que ofrece a aceleradora de internacionalización.
En concreto, os países Emiratos Árabes Unidos, Omán, Arabia Saudita, Egipto, Jordania, Líbano, Irak, Kuwait, Bahrein e Qatar serán abordados na sesión. Tras os relatorios, haberá roldas de preguntas e respostas para resolver as dúbidas das persoas participantes.
Parte I. De 10.00 a 10.55 horas
Parte II. De 11.00 a 11.30 horas
Para asistir a este webinar ou a algunha das dúas partes, é necesario inscribirse a través do enlace que aparece a continuación. Para adquirir uhna visión máis ampla do panorama do mercado de Oriente Medio, é recomendable asistir ás dúas partes do evento. O webinar será impartido en inglés.