O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), no marco do proxecto F2F Health Matters, participa na organización do webinar “Connecting with South Korea: market and consumer trends”, que terá lugar o próximo 19 de xaneiro, ás 10.00 horas.
F2F Health Matters é unha aceleradora que pretende impulsar a internacionalización de pemes agroalimentarias europeas a cinco mercados obxectivo: Canadá, Xapón, Emiratos Árabes Unidos, Vietnam e Corea do Sur. Precisamente, este último destino será o centro do webinar do día 9.
Durante a sesión, o Coordinador da Área de Mercados, Internacionalización e Competitividade de Clusaga, Juan Trigo, presentará o proxecto e as oportunidades que supón. A continuación, Álvaro Espejo e Alejandro Rodríguez, da consultora Opera Global Business, que dende 2005 apoia ás empresas nos seus plans estratéxicos e operativos relacionados coa internacionalización; ofrecerán unha visión panorámica da industria alimentaria de Corea del Sur, abordando a importación, as preferencias do consumidor e as tendencias de mercado, entre outras cuestións. Tras os relatorios, haberá rolda de preguntas e respostas para resolver as dúbidas das persoas participantes.
Para asistir a este webinar é necesario inscribirse a través do enlace que aparece a continuación. O evento online será impartido en inglés.