A actual situación provocada pola COVID-19 requiriu que se extremen as precaucións en toda a cadea de valor da industria alimentaria para salvagardar a saúde dos traballadores e garantir a seguridade alimentaria. Por iso, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza, en colaboración co seu socio AMBICAL, o martes 28 de novembro a partir das 9.30 horas o webinar “COVID-19 na industria alimentaria: medidas preventivas e hixiene nos procesos”, a través da plataforma online Webex.
Nel, Gabriel Ripoll, consultor e auditor especialista en seguridade alimentaria de AMBICAL, abordarán as diferentes medidas preventivas e de hixiene que deben darse no sector da alimentación para afrontar o traballo diario da forma máis segura posible e facer, así, fronte á situación provocada polo coronavirus. Farase, para iso, un repaso pola estado da arte en materia de información dispoñible, prevención e control sobre o impacto real da COVID-19 nesta industria e nos seus procesos.
Gabriel Ripoll é consultor e auditor especialista en seguridade alimentaria de AMBICAL. Unha empresa con máis de 25 anos no mercado, prestando servizos á industria da alimentación e a distribución, con clientes como Carrefour, Auchan ou Euromadi, entre outros. Gabriel é licenciado en Químicas e Máster en Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria pola USC. Como consultor e formador traballou asesorando directamente a decenas de fábricas en practicamente todos os subsectores da alimentación e bebidas.