Webinar de presentación de resultados do proxecto Photonics4Bakery, coordiando por Clusaga

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en colaboración con Vitartis e coas empresas Hornos de Lamastelle, Lugar da Veiga, SanBrandan, AOTECH e Atria Innovación, organiza o vindeiro 19 de xullo, a partir das 9.30 horas, o evento de peche do proxecto Photonics4Bakery, baixo o título “Presentación de resultados da aplicación de tecnoloxías fotónicas ao control na liña de calidade do produto”.

Photonics4Bakery é un proxecto levado a cabo no marco da convocatoria 2021 de apoio a AEIs do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation, e que persegue impulsar a transformación dixital na industria panadeira.

Dous relatorios e unha mesa redonda

Este evento, de formato online, abordará en primeiro lugar a aplicabilidade das tecnoloxías fotónicas á industria panadeira. Iker García, CEO de AOTECH, exporá como a tecnoloxía NIR pode mellorar os procesos produtivos e a calidade do produto deste subsector alimentario, mentres que Rosa Castillón, de Atria Innovación, falará das aplicacións da tecnoloxía HSI.

A continuación, na mesa redonda titulada “Retos das empresas e experiencia no proxecto”, moderada por Xosé Ramón Vázquez, de Clusaga, intervirán Ana Seijo, de Lugar da Veiga; Manuel Santos, de Hornos Lamastelle; e Gonzalo Souto, de SanBrandan.

Inscrición ao evento

O acceso ao evento é aberto baixo previa inscrición, que pode formarlizarse no botón que aparece a continuación. O programa do mesmo tamén está dispoñible. Para dúbidas e consultas pódese contactar con Clusaga no teléfono 981 556 062 ou no correo comunicacion@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 19 Xullo 2022
Compartir
Engadir ao Calendario