Clusaga, en colaboración coa empresa asociada Phenix España, celebra o vindeiro 24 de abril de 2025, ás 13.00 h un webinar de 45 minutos titulado “Desperdicio Alimentario: claves e solucións prácticas para cumprir coa nova lei” co obxectivo de apoiar ás empresas do sector alimentario na adaptación á nova normativa sobre desperdicio alimentario. Esta sesión está dirixida a profesionais e responsables de produción, calidade ou sustentabilidade interesadas en mellorar a xestión dos seus excedentes e avanzar cara a prácticas máis responsables.
A sesión ofrecerá solucións prácticas para optimizar a xestión dos excedentes alimentarios ao longo da cadea de valor, así como recomendacións para elaborar un Plan de Desperdicio Alimentario efectivo. As persoas asistentes axudando así ás empresas do sector a cumprir cos novos requisitos legais e avanzar cara a unha xestión máis eficiente, sostible e responsable.
O webinar será impartido por Antonio Díaz, Responsable de Grandes Contas en Phenix España. Actualmente colabora en proxectos de valorización de excedentes con empresas da gran distribución e da industria alimentaria, buscando mellorar a rendibilidade e reducir o desperdicio. Seguiu de preto a evolución da nova lei e traballa para apoiar ás empresas a adaptarse a estes cambios de forma eficiente e sostible.
Esta actividade enmárcase no Programa colectivo de Alimentación Sostible (PROALIS) e no proxecto europeo B-Resilient – Building the biomass resilience of food producing and processing SMEs through green and digitalised value chains, iniciativa financiada pola Unión Europea da que Clusaga forma parte como membro do consorcio.