Webinar do Servizo Insights. Cara onde innovar na alimentación? Top 10 Tendencias para 2024

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) a través do seu Servizo Insights, pecha o ano cunha sesión online de información preditiva sobre as tendencias e novidades que marcarán o desenvolvemento e innovación da industria alimentaria e de bebidas no mundo.

O webinar, que terá lugar o vindeiro 12 de decembro ás 9.30 horas, será impartido por Carla Rodenas, de Innova Market Insights, empresa líder na análise de tendencias de mercado e consumo. Así, o encontro online servirá para presentar o Top 10 de Tendencias en alimentación para o vindeiro ano, guiando a definición de estratexias en lanzamento e comercialización de produtos.

Cales son as expectativas para o 2024, que motivacións condicionan as decisións de compra ou que valores asociados a procesos produtivos ou ingredientes terán maior impacto nos consumidores, son algunhas das cuestións nas que se afondará aportando información sobre os principais insights en alimentación e bebidas.

Para asistir a este webinar é preciso inscribirse a través do formulario que aparece a continuación antes das 15.00 horas do 11 de decembro. Para máis información, pódese consultar o programa do webinar ou contactar con Clusaga no teléfono 881 043 687 ou no correo insights@clusaga.org.

Detalles da programación de eventos

  • 12 Decembro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario