Webinar “Envases activos e intelixentes. Innovacións e tecnoloxías asociadas”

O Cluster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o próximo 22 de febreiro, ás 9.30 horas, o webinar “Envases activos e intelixentes. Innovacións e tecnoloxías asociadas”. Este evento pretende dar a coñecer as tecnoloxías empregadas no proxecto FoodTechINK, que coordina o Clúster e no que participan o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), e as empresas ColorSensing S.L., Cofrico S.L. e Vegalsa-Eroski S.L.

Este proxecto, financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI), ten o obxectivo fundamental de analizar a aplicabilidade industrial de indicadores colorimétricos para monitorar a frescura e calidade do alimento fresco envasado.

Ditos indicadores colorimétricos están baseados en tintas intelixentes que se integran en etiquetas (smart-labels) non invasivas e que permiten achegar datos reais da calidade do produto fresco envasado ao longo de toda a cadea de valor.

O evento abordará as solucións de envasado activo e intelixente para o control de produtos de gran consumo, o aproveitamento de residuos da industria alimentaria para o desenvolvemento de envases activos biodegradables, os envases activos compostables a partir de residuos e a aplicación das nanopartículas aos envases activos, e contará coa participación de ITENE, USC, AIMPLAS e INL.

Motivación do proxecto

Un 49% dos produtos frescos non aptos para a venda, pero si para o consumo vai directamente ao lixo en España, segundo o “Estudo sobre o desperdicio alimentario de produtos frescos no sector Distribución” elaborado pola consultora Nielsen para Checkpoint Systems.

O estudo desvela tamén que o 62% das empresas do sector recoñece non dispoñer de ningún medio tecnolóxico innovador para avanzar nesta situación. Conscientes dsta necesidade sectorial, Clusaga dinamiza o proxecto FoodTechINK.

Event Schedule Details

  • 22 Febreiro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario