Webinar: eSIAB, a ferramenta para o cálculo da sustentabilidade

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) o xoves 14 de maio ás 16.30 horas o webinar “ eSIAB, a ferramenta para o cálculo da sustentabilidade”.

 

eSIAB é unha aplicación online gratuíta desenvolvida polo MAPA que proporciona axuda para mellorar as estratexias de sustentabilidade das empresas de alimentación e bebidas. Trátase dun sistema de autoavaliación da sustentabilidade integral (ambiental, económica e social) cuxo obxectivo é identificar o nivel de sustentabilidade da entidade, de forma totalmente confidencial e gratuíta. Ademais, permite realizar comparativas co sector.

Nesta aplicación, o seu sistema recomendador xera un informe personalizado coas posibles medidas que a empresa pode aplicar para mellorar o seu nivel de sustentabilidade. Para as empresas que queiran facer máis visible o seu compromiso, o Decálogo de Sustentabilidade Integral da Industria Agroalimentaria axúdalles a ir un paso máis aló e aparecer no rexistro público de empresas adheridas, tanto na web do MAPA como no portal Rede para a Sustentabilidade Agroalimentaria (Redsostal).

O webinar será impartido por Cristóbal Duarte Camacho, co-fundador e CEO de Ecoavantis, axencia especializada en sustentabilidade, comunicación e novas tecnoloxías e encargada de desenvolver a ferramenta eSIAB para o MAPA.

Cristóbal dirixiu proxectos relacionados coa sustentabilidade e a responsabilidade social en sectores diversos: agroalimentario, industria, turismo, enerxía, transporte, medioambiente, etc. e traballou para empresas como Heineken, Danone, Campofrío, Real Madrid, Puig, AENA, Ferrovial, Ecoembes, FIAB… Ademais, é coordinador de grupos de traballo do Congreso Nacional de Medio Ambiente e docente na escola de negocios EOI.

Event Schedule Details

  • 14 Maio 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario