Webinar FoodTalent.gal: Tendencias, desafíos e perfís máis demandados no sector alimentario

Clusaga, a través de FoodTalent.gal, a plataforma para a empregabilidade no sector alimentario de Galicia, organiza este webinar dirixido a profesionais de recursos humanos e responsables de contratación. A sesión, que terá lugar o 11 de marzo ás 9.30 horas, ofrecerá unha visión actualizada sobre o emprego na industria alimentaria, explorando as tendencias actuais, os retos en Galicia e os perfís máis demandados.

Oportunidades e desafíos na captación de talento

O webinar contará coa participación de Alejandro Pedrosa (Jobfie), e nél analizarase a evolución do sector alimentario, destacando a súa contribución económica, os cambios na demanda de profesionais e os retos específicos en Galicia, como a dependencia da estacionalidade ou a adaptación da formación ás necesidades das empresas.

Tamén se abordarán os cinco perfís máis solicitados na industria, detallando as súas competencias e perspectivas de carreira. Para atraer e reter talento cualificado, presentaranse estratexias como o uso de plataformas especializadas, accións de employer branding e políticas de desenvolvemento profesional.

A empregabilidade no sector está en constante transformación, polo que coñecer as tendencias e adoptar novas estratexias de captación resulta clave para garantir equipos altamente cualificados e competitivos. Este webinar ofrecerá ferramentas e coñecementos prácticos para optimizar os procesos de selección e fidelización de talento.

Event Schedule Details

  • 11 Marzo 2025
Compartir
Engadir ao Calendario