Webinar: Xestión da auga e sustentabilidade na industria alimentaria de Galicia

O Clúster Alimentaria de Galicia (Clusaga) e Catalan Water Partnership (CWP) organizan o venres 8 de maio ás 10 horas o webinar “Xestión da auga e sustentabilidade na industria alimentaria de Galicia”.

Na devandita sesión online trataranse exemplos de proxectos vinculados coa sustentabilidade no sector da alimentación e as bebidas, explicaranse casos de éxito na xestión da auga no sector cárnico, lácteo e conserveiro e analizaranse posibles oportunidades de colaboración entre os socios de Clusaga e CWP.

Programa do webinar

-Introdución e benvida

-Exemplos de proxectos de agrupacións industriais. Oportunidades de colaboración intersectorial entre o Clusaga e CWP

-Casos de éxito empresariais na xestión da auga

  • Sector cárnico
  • Sector lácteo
  • Sector conserveiro

-Debate aberto para socios de Clusaga e CWP

-Peche e próximos pasos da colaboración

Este webinar é de carácter exclusivo para socios de Catalan Water Partnership e Clúster Alimentario de Galicia. As inscricións poden realizarse na ligazón que figura a continuación no botón “inscribirse”.

Detalles da programación de eventos

  • 8 Maio 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario