O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza, en colaboración co seu socio Grunver Sostenibilidade, o webinar “Gobernanza ESG en acción: claves regulatorias e oportunidades para grandes empresas e pemes”, que terá lugar o mércores 15 de abril ás 13:00h.
O obxectivo desta sesión online é ofrecer a grandes empresas e pemes unha visión práctica sobre a gobernanza ESG (Environmental, Social & Governance), a súa relevancia, beneficios, retos e oportunidades, así como as últimas novidades regulatorias europeas. Durante o webinar explicarase como integrar a sustentabilidade na estratexia empresarial, o impacto na cadea de valor alimentaria e como reportar de xeito eficaz segundo os estándares actuais e as tendencias nas políticas europeas.
A sesión abordará os seguintes puntos:
Conceptos, retos e beneficios da gobernanza ESG.
Actualización do marco legal, incluíndo o Paquete Ómnibus, a Directiva CSRD modificada e os estándares ESRS actualizados.
A estrutura e contidos do estándar voluntario VSME, orientado a pemes, para identificar os datos clave para transmitir.
Como xerar informes sinxelos e eficaces, mellorando a relación con clientes e stakeholders.
O webinar finalizará cun espazo de preguntas e respostas, onde os participantes poderán resolver dúbidas sobre gobernanza ESG e coñecer recursos de apoio dispoñibles en PROALIS+, a plataforma de Clusaga para impulsar a sustentabilidade na industria alimentaria galega.

![]()









