Webinar: Impacto do COVID-19 nas exportacións do sector alimentario

A caída da actividade económica á que se están enfrontando moitas empresas da industria debido á crise sanitaria do COVID-19 está a ter un gran impacto no mercado e as exportacións. Co obxectivo de poder coñecer e prever como será a situación nas próximas semanas e meses, o Clúster Alimentario de Galicia organiza o xoves 2 de abril, en horario de 9.30 a 10.30 horas o webinar “Impacto do COVID-19 nas exportacións do sector alimentario”.

Para abordar este tema, o webinar contará coa participación a nivel Galicia de Agusto Álvarez-Borrás, director de internacionalización do Igape e Sergio Prieto, director territorial de comercio e ICEX Galicia, e como relator convidado con Jaime Palafox, CEO de Palafox Food & Wine e experto do sector agroalimentario.

Jaime Palafox, experto do sector agroalimentario

Licenciado en Ciencias Económicas e programa de Dirección Xeral IESE, Jaime inicia a súa traxectoria profesional na Feira Valencia. Desempeñou distintos postos na Oficina Comercial da Embaixada de España en Viena, foi adxunto ao Secretario Xeral na Federación Española do Viño e exerceu como responsable de Asuntos Económicos e Internacionalización na Federación de Industrias de Alimentación e Bebidas, ademais de ser director xerente da Interprofesional do Viño de España. Na actualidade, colabora como experto e CEO de Palafox Food & Wine para CHAFEA axencia dependente da DGAgri da Comisión Europea, así como con distintas entidades no ámbito da internacionalización e con USSEC como experto en temas relativos á economía circular

O acceso de asistentes ao webinar, previa inscrición, realizarase de 9 a 9.30 horas a través da plataforma de acceso online Webex.

Detalles da programación de eventos

  • 2 Abril 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario