Webinar. Impulsar a dixitalización no sector agroalimentario europeo

O 26 de outubro terá lugar a partir das 17 horas o webinar “Impulsar a dixitalización no sector agroalimentario europeo” organizado por Flanders’ Food no marco de colaboración dos proxectos TRACK e Digiclusters e Connsensys.

Neste último proxecto, o Clúster Alimentario de Galicia participa co obxectivo de fomentar a colaboración para a transformación dixital na industria alimentaria a nivel europeo.

No webinar realizarase unha presentación individual de cada un do tres proxectos, abordaranse as oportunidades detectadas nos devanditos proxectos sobre a dixitalización na industria agroalimentaria e analizaranse os próximos pasos e posibilidade de cooperación a longo prazo.

A sesión online está pensada para que poida realizarse de maneira interactiva e intercambiando ideas entre todos os participantes.

Detalles da programación de eventos

  • 26 Outubro 2020
Compartir
Engadir ao Calendario