Webinar. Infoday: I convocatoria S3 FOOD

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o mércores 29 de abril, en horario de 10 a 11 horas, un webinar para coñecer as oportunidades de financiamento que ofrece a primeira convocatoria do proxecto europeo S3FOOD para iniciativas de dixitalización en empresas.

A sesión online “Infoday: I convocatoria S3FOOD” realizarase a través da plataforma de acceso Webex e ofrecerá a posibilidade de realizar reunións co equipo de Clusaga que se encarga de xestionar a participación neste proxecto europeo.

Para iso, os interesados deben enviar un email a s3food@clusaga.org indicando o seu interese en realizar unha reunión bilateral e explicando de maneira breve o proxecto de dixitalización que lle gustaría presentar a esta convocatoria de axudas ao financiamento.

Esta primeira convocatoria de axudas económicas para proxectos de dixitalización no sector agroalimentario de S3 FOOD conta cun valor total de 1.765.000 € repartidos en tres tipos de cheques: de exploración, de validación e de aplicación.

Event Schedule Details

  • 29 Abril 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario