Webinar informativo. Marco estratéxico lexislativo ambiental do Sector Alimentario. Programa de Vixilancia Lexislativa Ambiental de Clusaga

O paquete lexislativo e regulatorio ambiental dentro do marco estratéxico vinculado coa sustentabilidade e a economía circular está crecendo considerablemente, tanto a nivel europeo, coma estatal e rexional.

Para anticiparse ao novo panorama lexislativo e facilitar a adaptación ao mesmo, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) presenta o boletín de vixilancia lexislativa ambiental adscrito ao programa promovido pola súa Comisión de Sustentabilidade.

O propósito deste boletín é facilitar a transición verde das empresas alimentarias  mediante o coñecemento das novas leis aprobadas e as que estean en preparación, permitindo estar ao día das novidades de interese neste ámbito e participar nos procesos de consulta pública das novas normativas.

Neste webinar de lanzamento presentarase, ademais deste novo servicio, unha primeira análise do panorama e as principais novidades no marco normativo ambiental, así como o seu impacto no sector alimentario.

A participación neste evento, que terá lugar o 15 de novembro ás 9.30 horas, é exclusiva para socios de Clusaga, que poden inscribirse a través do formulario que aparece a continuación. Para máis información pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no teléfono 881 043 687 ou no correo circular@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 15 Novembro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario