Webinar Informativo | Mellora a túa conta de resultados con Intelixencia Artificial

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en colaboración con Minsait, organiza este webinar para analizar como a Intelixencia Artificial (IA) pode ser aplicada de xeito efectivo no eido empresarial para mellorar os resultados financeiros.

O evento online, que terá lugar o vindeiro 26 de abril, ás 9.30 horas, servirá para explorar distintos xeitos de empregar a IA, así como as ferramentas necesarias para aproveitar o seu potencial. Entre outras cuestións, afondarase no concepto de IA e na súa aplicación nas organizacións de consumo e retail, así como na estratexia na toma de decisións para obter melloras visibles na conta de resultados.

De xeito complementario, abordaranse os requisitos tecnolóxicos e humanos mínimos para obter resultados tanxibles en base á experiencia de Minsait no sector; e facilitarase un roadmap de implementación e desenvolvemento para sacar o máximo partido ao uso da IA aplicada. Para completar a información, presentaranse casos de éxito de aplicación de IA en empresas do sector alimentario.

Para asistir a este evento é preciso inscribirse a través do formulario que aparece a continuación. Para máis información, pódese consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no correo info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Detalles da programación de eventos

  • 26 Abril 2024
Compartir
Engadir ao Calendario