Webinar informativo. Participación agrupada na Feira SIRHA LYON 2023

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en colaboración coa Federación Española de Industrias e Alimentos (FIAB), organiza a participación das empresas socias interesadas no pavillón agrupado español na Feira SIRHA LYON 2023, que se celebrará en Eurexpo Lyon (Francia), do 19 ao 23 de xaneiro de 2023.

Para aclarar as condicións de participación, as modalidades de subvención e as posibles dúbidas ás entidades interesadas, Clusaga organiza un webinar este venres 23 de setembro ás 13.00 horas.

Sobre a Feira SIRHA LYON

A Feira SIRHA LYON, que se celebra cada dous anos en Lyon (Francia), é un salón no que a gastronomía e os produtos gourmet cobran unha especial relevancia. A pesar de celebrar a súa edición anterior durante as complicacións do Covid-19, SIRHA contou con cifras de asistencia e ventas excepcionalmente altas en 2021. Ademais de empresas de alimentación de todo tipo, hai un espazo adicado exclusivamente ao equipamento de hostalaría e restauración.

Alguns dos datos que resumen a súa última edición son os siguientes:

  • 116 expositores e marcas
  • 100 profesionais
  • 350 novos produtos e innovacións.
  • 21 concursos para revelar os novos talentos da hostalaría e a restauración.

SIHRA 2023 mostrará unha ampla gama de produtos, con categorías de alimentos, panadería e confección, café e bares e bebidas espirituosas. A feira serve como unha excelente oportunidade para facer negocio cunha ampla gama de clientes, que van desde profesionais de restaurantes tradicionais ata operadores de grandes cadeas.

SIRHA consolidouse coma o evento máis importante para o sector Horeca en Francia. Nas últimas edicións, a presenza internacional creceu de forma notable na feira ata consolidala coma unha das principais feiras francesas.

Inscripciónna feira

As empresas socias de Clusaga que estean interesadas en participar na Feira SIRHA LYON deben inscribirse a través do formulario que aparece a continuación. Para calquera aclaración ou información adicional, pódese contactar con Clusaga no correo international@clusaga.org ou no teléfono 881 043 687.

Inscrición no webinar informativo

Para asistir ao webinar informativo é necesario inscribirse a través da ligazón que aparece a continuación antes do venres 23 ás 8.30 horas. A ligazón de acceso á sesión será enviado ao correo facilitado no formulario antes das 10.00 horas dese mesmo día

Event Schedule Details

  • 23 Setembro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario