O entorno competitivo e dinámico no que operan as empresas do sector alimentario fai que deban enfrontarse a desafíos constantes. Neste contexto, contar con líderes altamente capacitados e orientados ao éxito convértese nunha necesidade. Por isto, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), impulsa o Programa de Desenvolvemento Directivo para Empresas Alimentarias, unha iniciativa que forma parte do seu Plan de Formación 2024 e para a que conta coa colaboración da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE).
Neste webinar informativo presentarase a estrutura do Programa e os seus obxectivos, así como a metodoloxía formativa, o claustro ou o calendario académico, entre outras cuestións. Ademais informarase das bonificacións dispoñibles e do procedemento e prazos de matricula. A sesión, que esta pensada para que os potenciais alumnos poidan resolver as súas dúbidas, mantén aberto o prazo de inscrición ata o 7 de febreiro ás 16.30 horas.