O proxecto Value4Pack del Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) mantén aberta a súa convocatoria en busca de ideas de proxecto para avanzar na “Revolución de las 4R”, unha iniciativa dedicada a promover o envasado sostible de alimentos.
Neste contexto, o consorcio do proxecto organiza un webinar informativo gratuíto para resolver todas as dúbidas ao respecto da convocatoria e para abordar como as ideas innovadoras no envasado de alimentos poden xerar un impacto positivo na contorna.
O evento online, que será impartido en inglés, terá lugar o xoves 29 de agosto de 10.00 a 11.00 horas. Para asistir é preciso inscribirse a partir do formulario dispoñible aquí.
Esta convocatoria busca ideas innovadoras que aborden os desafíos de Rexeitar, Reducir, Reempregar e Reciclar, sen que isto conduza a unha maior perda ou desperdicio de alimentos.
Trátase dunha oportunidade excepcional para ter impacto no futuro do envasado de alimentos, que está aberta a todo tipo de organizacións: empresas de todos os tamaños, organizacións sen ánimo de lucro, organizacións de I+D, universidades e equipos colaborativos. Así, estas entidades poderán unir forzas con outros organismos innovadores, líderes da industria e expertos en sustentabilidade para remodelar a cadea de valor do envasado de alimentos.
Para participar, é preciso enviar a idea ou ideas de proxecto a través da Value4Pack B2Match platform. A data límite de presentación de solicitudes é o 16 de setembro de 2024.
Para máis información sobre o webinar informativo e a convocatoria, pódese contactar con Clusaga no correo industria@clusaga.org.