Webinar informativo sobre os programas InnovaPeme e DeseñaPeme

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) organizan conxuntamente este webinar informativo sobre os programas InnovaPeme e DeseñaPeme. O evento terá lugar o vindeiro 10 de maio ás 12.30 horas.

Patricia Fernández, directora da Área de Servizos de GAIN, encargarase de presentar a convocatoria InnovaPeme entre os asistentes, mentres que Patricia López, técnico da Área de Centros de GAIN, encargarase, a continuación, de explicar a convocatoria DeseñaPeme.

Os servizos de apoio á innovación que Clusaga ofrece ás empresas socias e que poden ser de axuda aos proxectos que resulten destas convocatorias, serán expostos polo xerente do Clúster, Roberto Alonso. Antes de rematar a xornada, darase a coñecer en profundidade un caso de éxito nesta materia dentro do sector, o da empresa Granja Campo Mayor, da man da súa directora de I+D+i María Eugenia Juncal.

A continuación, as persoas asistentes poderán plantexar as súas dúbidas e participar no posible debate que se estableza. Para participar nesta xornada a inscrición previa é requerida. O rexistro estará dispoñible a través da ligazón que aparece a continuación ata o 9 de maio ás 16.30 horas. Para dúbidas e consultas ao respecto da xornada, pódese contactar co Clusaga no correo info@clusaga.org ou no teléfono 981 55 60 62.

Event Schedule Details

  • 10 Maio 2022
Compartir
Engadir ao Calendario