Webinar “IoT, Blockchain e intelixencia de datos para a certificación de operacións na cadea de valor do mexillón”. Proxecto MUSSELBLOCK

O vindeiro 28 de abril, de 10.00 a 11.15 horas, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebra o webinar “IoT, Blockchain e inteligencia de datos para la certificación de operaciones en la cadena de valor del mejillón” no marco de MUSSELBLOCK, un proxecto estratéxico na cadea de valor do mexillón, coordinado desde o Clúster, e no que participan as entidades socias Perfect NumbersTriple AlphaElige Data e Consejo Regulador de la Denominacion de Origen Protegida Mexillon de Galicia, e colabora a asociada Tastelab.

O sector mexilloeiro de Galicia conta con gran relevancia socioeconómica, xerando unhas 230.000 Tm anuais, e uns ingresos en primeira venta de máis de 110 M€. A cadea de valor do mexillón ten, en cambio, unha baixa taxa de dixitalización, xerando, ao mesmo tempo, unha enorme cantidade de información ao logo de todo o proceso.

O obxectivo de MUSSELBLOCK, proxecto financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través da convocatoria 2022B do programa de apoio a AEIs, é o desenvolvemento de ferramentas dixitalización personalizadas para este subsector.

Así, no webinar do 28 de abril exporanse os desenvolvementos tecnolóxicos levados a cabo no marco desta iniciativa para a mellora da eficiencia e calidade dos procesos produtivos e, por outra banda, para garantir a rastrexabilidade do produto dende o mar ata o consumidor final, empregando tecnoloxías de Intelixencia Artificial, blockchain e IoT.

Asistencia ao webinar

A asistencia a este evento online é gratuíta previa inscrición a través do formulario que aparece a continuación. A data límite para manifestar interese en participar é o 27 de febreiro ás 13.00 horas. Para máis información sobre a xornada, pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no teléfono 629991023 ou no correo bff@clusaga.org

Event Schedule Details

  • 28 Abril 2023
Compartir
Engadir ao Calendario