Co obxectivo de coñecer os servizos incluídos nos eixos estratexia e profesionalización da convocatoria do programa Re-acciona do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Clúster Alimentario de Galicia organiza, coa colaboración deste organismo da Xunta de Galicia, o 14 de xullo a partir das 12.30 horas o webinar “A profesionalización e a estratexia, piares para reforzar o sector agroalimentario”.
A sesión contará coa intervención de dúas empresas do sector alimentario que explicarán a súa experiencia no programa Re-acciona, ademais de con unha presentación por parte de Igape e Clusaga desta convocatoria.
12.30 horas – Benvida Igape
12.35 horas – Presentación a cargo de Roberto Alonso, xerente de Clusaga
12.40 horas – Servizos de Desenvolvemento estratéxico | Isabel Álvarez, de DPI Estratexia
12.50 horas – Servizo de Relanzamento comercial | Pilar Branco, de Exportrends
13.00 horas – Experiencia empresas Re-acciona sector agroalimentario